• Entre Culturas, Mar e Terra de Arousa

Amare Turismo Náutico S.L. é unha empresa que realiza rutas en embarcación pola Ría de Arousa. Con este proxecto poranse en marcha novas rutas que poden achegar un carácter innovador neste tipo de actividades.

As rutas previstas son: Ruta ‘Artes de Pesca e as Conserveiras Galegas’, ‘Cata a cegas no mar de Arousa e os seus faros’ e ‘Ruta do Mar de Arousa no Camiño de Santiago’.

O proxecto ubícase na zona turistica da Ría de Arousa onde se atopan vilas como Cambados, Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa… con grande afluencia turística e con paisaxes únicas como as illas de Cortegada pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, a illa de Rúa, a illa de Areoso, a illa de Arousa que conta co Parque Natural de Carreirón.

Para realizar estas novas rutas será preciso a incorporación dunha nova embarcación para poder desenvolver adecuadamente as actividades. Tamén se afrontará a creación dunha páxina web, así como unha campaña de marketing online.

Referencia normativa:

Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020

Convocatoria – ano:

2019

Data de aprobación:

09/08/2019

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:

Coa implementación deste proxecto póñense en valor os productos da pesca a través do turismo mariñeiro, dinamizando outras actividades na zona costeira a través do turismo mariñeiro, como pode ser o enoturismo, a gastronomía, o turismo cultural e relixioso, para acadar unha maior desestacionalización.

Principais actividades do proxecto:

AS ARTES DE PESCA E AS CONSERVAS GALEGAS

Nesta ruta guiada con saída dende o porto do Xufre na Illa de Arousa amosaremos como se traballa o mar na Ría de Arousa.

CATA A CEGAS NO MAR DE AROUSA E OS SEUS FAROS

Ruta en embarcación pola Ría de Arousa con saída dende o porto do Xufre na Illa de Arousa. En primeiro lugar veremos o faro de Punta Cabalo para logo seguir rumbo ata a illa de Rúa, onde se atopa outro importante faro. Logo a bordo organizaremos as catas a cegas.

O MAR DE AROUSA E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Nesta saída unimos a Ruta do Padre Sarmiento coa Ruta dos restos do Apóstolo Santiago polo mar de Arousa, amosando a súa riqueza natural e cultural con saída desde Vilanova de Arousa ata a Illa de Arousa.

Obxectivo estratéxico da EDLP:

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariño.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo específico da EDLP:

Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.

Obxectivo específico 2.2: Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.